PROBAS AUDITIVAS

Nos centros auditivos OE+ realizamos meticulosamente unha serie de probas audiolóxicas mínimas e necesarias para poder darlle a mellor solución sexa cal sexa a súa problemática.

Na primeira consulta as probas auditivas mínimas que realizamos son:

Otoscopia / videotoscopia

Para visualizar e comprobar o estado do seu oído externo e tímpano.

Audiometría por vía aérea, vía ósea e umbrais de molestia

Estas probas auditivas permiten comprobar o tipo e grao de perda auditiva así como a posible presenza de reclutamento. De ser preciso realizaranse estas probas de forma enmascarada

Logoaudiometría

Proporciona datos non só en canto á cantidade de perda auditiva senón á intelixibilidade e comprensión das palabras.

Timpanometría

Sempre que sexa posible a súa realización, esta proba facilita o estudio do oído medio

Outras probas

Outras probas en función dos resultados obtidos nas probas anteriores, xa que pode ser necesario a realización de probas complementarias como por exemplo:

  • Enmascaramento
  • Ten test
  • SISI
  • Tone decay
  • Reflexo estapedial
  • Fala en ruído
  • Comprobación do rendemento cos seus audífonos (no caso de telos)
  • Acufenometría
  • Outras