PROBAS AUDITIVAS

Nos centros auditivos OE+ realizamos meticulosamente unha serie de probas audiolóxicas mínimas e necesarias para poder darlle a mellor solución sexa cal sexa a súa problemática.

LER MAÍS

ADAPTACIÓN DE AUDÍFONOS

No caso de pacientes con perda auditiva e, unha vez explicado o seu caso o máis preciso posible, ofrecerémoslle a mellor solución para cada caso tendo en conta que o noso obxectivo principal é mellorar a súa calidade auditiva e, polo tanto, a súa calidade de vida.

LER MAÍS

REAXUSTE DE AUDÍFONOS

No caso de persoas xa usuarias de audífonos pero que non están satisfeitas co resultado ou no caso de persoas ás que lle regalaron un audífono sen estar adaptado para elas, OE+ leva a cabo o reaxuste dos audífonos sempre e cando sexan acordes para o problema auditivo que se presenta e coas características axeitadas.

Non dubide en consultar esta opción. A valoración é totalmente gratuita

AUDIOLOXÍA PEDIÁTRICA

OE+ Ordes é un dos 6 centros en toda a provincia de A Coruña autorizado pola Consellería de Sanidade para levar a cabo estudios auditivos e adaptacións pediátricas.

Este recoñecemento é resultado dunhas completas instalacións adaptadas para os cativos xunto cos coñecementos, experiencia e dedicación dos profesionais que forman o grupo OE+, adaptándonos a cada idade, desenvolvemento e características do neno en todo momento.

LER MAÍS

LABORATORIO I+D+I con TALLER PROPIO

+Personalizado, +innovación e mellora, +aforro, +solucións, +eficiencia e rapidez

LER MAÍS

TERAPIA DE ACÚFENOS / TINNITUS E HIPERACUSIA

Para aqueles pacientes con acúfenos / tinnitus, tanto acompañado de perda auditiva e hiperacusia ou presentando o tinnitus de forma illada, OE+ pode ofrecer diversidade de tratamentos para cada caso.

Para valorar cada unha delas é necesario completar as probas auditivas realizando unha acufenometría completa pero tamén valorando o grado de afectación que o tinnitus xera no paciente (ansiedade, trastornos do sono, problemas de concentración, estrés, alteracións nas facetas da vida persoal, familiar, laboral ou social, etc).

Contamos con terapias sonoras personalizadas, xeneradores de ruído ou audífonos compatibles entre outras opcións.

ADAPTACIÓN BIMODAL CON IMPLANTES COCLEARES

Adaptación de audífono no oído contralateral ao implante coclear. Este tipo de adaptación chamada adaptación bimodal implica uns parámetros e características específicos en canto á adaptación do audífono que non son os mesmos que para as adaptacións tradicionais.

Baseamos a adaptación do audífono en función da adaptación do implante coclear para intentar conseguir unha audición o máis simétrica posible.

Ademáis, dado que traballamos cunha pluralidade de fabricantes, a elección do audífono pode fundamentarse en parte en que a conectividade que empregue sexa a mesma que a do implante, de forma que se poidan conseguir opcións bilaterais que non se poderían obter doutra forma.

AUDIFONO DE SUSTITUCIÓN

Para aqueles que xa son clientes nosos e para evitar que se sintan incómodos ante situación de avarías ou reparacións do seu audífono, ofrecemos audífono de reposto en préstamo durante todo este proceso.

Para os que non son clientes habituais nosos ofrecemos o mesmo servizo de sustitución durante a reparacion pero cun custe. (Sempre se dará prioridade no préstamo de audífono de sustitución ó cliente con audífonos adaptados en OE+)

ACCESIBILIDADE

Ademáis da prevención, detección e solución de problemas auditivos, OE+ dedícase a adecuar a comunicación e información ás persoas con discapacidade sensorial auditiva facendo que calquera espazo, servizo ou produto sexa totalmente accesible.

LER MAÍS

OUTROS SERVICIOS

Aspectos económicos, seguros de perda, roubo e rotura, leasing, formación, orientación e renting-aluguer son algúns destes servizos.

LER MAÍS