Instalacións

As nosas instalacións foron todas elas diseñadas de forma específica para a atención de todo tipo de pacientes (adultos, nenos, discapacidade física…) e para a realización das probas audiolóxicas e adaptación protésica, contando así con cabina audiométrica insonorizada a medida, amplos espazos, sala de terapia de acúfenos, taller, baños adaptados….

Medios técnicos

Como importante é a formación constante e a profesionalización do noso equipo, non menos importante é contar cos medios técnicos máis actuais e avanzados. Por isto os centros auditivos OE+ contan con:

  • Equipos audiométricos clínicos, revisados e calibrados por laboratorio independente.
  • Equipo de impedanciómetro e reflexo estapedial, revisado e calibrado por laboratorio independente
  • Salas audiométricas insonorizadas a medida con instalación de campo libre para comprobar o rendemento da adaptación
  • Adaptación de probas para o seu uso en pacientes pediátricos ou con algunha discapacidade: audiometría por xogo, reforzo visual, probas verbais en castelán e galego, instrumentos calibrados, etc
  • Analizador de audífonos con medidas en oído real para unha correcta adaptación revisado e calibrado por laboratorio independente
  • Otoscopios e videotoscopios
  • Taller para un servicio rápido e taller central en OE+ Cee para a fabricación de moldes, tapóns de baño, protectores de ruído, montaxes de audífonos e reparacións

CeeO conxunto de profesionais e medios técnicos fai dos centros OE+ un lugar de referencia, como así se demostra coa colaboración na formación do alumnado de Audioloxía Protésica para a realización das súas prácticas nos nosos centros.